Mar Maior. Opinión de: Víctor F. Freixanes

Editorial Galaxia inicia una nova singladura. Viñamos traballando nela dende hai tempo. Un proxecto no que intentamos lanzar ao mundo, na era da globalización, a cultura galega na súa máis ampla dimensión, clásicos e contemporáneos.

O pasado mes de agosto constituimos a filial de Galaxia en Buenos Aires (Mar Maior-Editorial Galaxia S.A.) e en setembro presentámola en Bruxelas. Agora na Casa del Lector en Madrid, pola porta grande, con toda a nosa ilusión e todo o noso traballo. Unha angueira ambiciosa, pero ilusionante.

A cultura galega non é una cultura local, forma parte da construcción de Europa dende hai máis de mil anos (o Camiño de Santiago, o románico, as Cantigas) e mesmo participou e participa activamente na construcción de moitas repúblicas americanas dende o século XIX. Imposible entender a Arxentina sen os galegos, segundo palabras de Antonio Pérez Prado.

Unha cultura que non dialoga en pé de igualdade coas cultura todas do mundo, no espazo da contemporaneidade, é una cultura morta, que se agocha para dentro de si, e abofé que non é o noso caso. Son os desafíos da globalización. O seguinte paso, que será una realidade a partir dos primeiros meses do ano vindeiro concretarase nunha Plataforma Dixital propia, dende a que calquera interesado, dende calquera lugar do mundo, poida visitar e descargar en formato electrónico, ou mercar en formato analóxico, a producción cultural dos galegos e as galegas. Lanzamos os nove primeiros tíulos.

Galicia é una marca de identidade en si mesma, que ten moito que dicir e que de ninguna maneira quere encerrarse en si mesma. Invitámosvos a acompañarnos, alí onde nos atopedes. Alí onde haxa un galego ou una galega consciente do seu está Galicia. Tal é o noso proxecto.